Saltar ao contido
Atención
Arquivo

Atletas galegos no punto de mira da RFEA

Coincidindo cos grandes resultados que están acadando moitos atletas galegos
nos distintos Campionatos de España de categorías inferiores, a RFEA ven de convocar nas distintas concentracións de verán enmarcadas dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva, a un
total de sete atletas e un técnico galegos.

Estas concentraccións, dividiránse por sectores en dous grandes núcleos ocupando cada un delas distintos puntos do Estado. No primeiro deles se atopa a atleta do A.Feminino Celta Olia
Guisela Becerril
quen tomará parte no sector de saLtos e que se desenvolverá en Soria do 25 ao 29 de Xullo.

A outra concentración está programada para porse en marcha en Sierra Nevada nas mesmas datas, e na que contaremos co resto de galegos na que se atopa a atleta do Ria Ferrol-CCA, Lucía
Sicre
no sector de Medio fondo; Sara Lima (Bedae), Sara López (LUCUS Caixa Rural Galega) e El Medhi El
Nabaoui
(CD San Paio) no sector de Fondo e Obstáculos; Nicolás García en lanzamentos e Leyre Aramburo no de marcha
completando a relación de convocados. Por último estará presente nesta concentración en calidade de técnico o lucense Manuel Hurtado

CIRCULAR

noticias
Compartir