Saltar ao contido
Arquivo

Presentacion do VIII Medio Maraton C21

Está mañá con motivo do acto da presentación da VIII Medio Maratón Coruña C21, proba
do calendario nacional que terá lugar o vindeiro domingo día 7, cun percorrido de 21.097 metros. A cita tivo lugar no Pazo Consistorial de María
Pita e foi presidida polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Sande e a concelleira de Igualdade Rocío Fraga, pola banda da Federación o Presidente, Isidoro Hornillos e a
Directora Técnica Madó González, como representantes dos patrocinadores acudiron, Pati Blanco por El Corte Inglés, María Sande por Coca-Cola, José
Antonio Bazán por CaixaBank .

Ambos organizadores da proba, Federación Galega de Atletismo, como o Concello tomaron a palabra ,por unha banda o Concelleiro de Deportes sinalou a boa relación que existe
entre o Concello e a FGA, así como a carreira de cadeiras , proba pola integración desenrolada pola Fundación Proyecto Enki que se
disputará o vindeiro 7 de Febreiro , no circuito da C21. Así mesmo Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo, propulsor e
organizador da proba, resaltou a oferta deportiva da cidade de A Coruña , a beleza do percorrido elexido para o desenrolo da mesma, así como agradeceu a colaboración dos
patrocinadores, e para rematar indicou que o vindeiro 6 de Febreiro nas instalacións de El Corte Inglés,Marineda levarase a cabo polo Centro
Podológico Gallego, estudios biomecánicos a aqueles participantes que o desexen.

noticias
Compartir