Saltar ao contido
Arquivo

Galicia séptima no Campeonato de España Cadete por selecciones autonómicas

Boa actuación da selección galega no Campeonato de España Cadete por
selecciones autonómicas celebrado en Alcobendas con o séptimo posto para os homes e para as mulleres. A nivel individual salientar o primeiro posto de Santiago Represas nos 100 con 11.42, segunda
posición de Pedro Osorio nos 1000 con 2.34.15, o terceiro de Olmo Pruneri no peso con un mellor lanzamento de 13.03 e o record galego da categoria no 4×300 con 2.31.83 cun cuarteto formado por
Santiago Represas, Pedro Osorio, Javi Mañana e Javier Toucedo. O anterior estaba con mais de tres segundos dende o ano 2011. Nas mulleres as mais destacadas foron Olaia Becerril na lonxitude
segunda con 5.38 e Iria Rivas na marcha con 15.10.98.

noticias
Compartir