Arquivo
Campeonato de España de Clubes
Ultima xornada do Campeonato de Clubs con gran participación dos
clubes e atletas galegos. En Zaragoza na final polo título estarán as mulleres do Ría Ferrol e outros atletas destacados cos seus respectivos equipos como Solange Pereira, Jean Marie Okutu, Alfonso
Palomanes, Isaac Vicente, Manuel Uriz ou Fran Casañas, entre outros. Os homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra e o R.C. Celta loitarán pola permanencia. Na primeira división serán o Atletismo
Femenino Celta e os homes do C.A. Narón quen loitarán polo título. Xa en Soria será o turno para os equipos de segunda división con Lucus Caixa Rural, Sociedade Gimnástica e Vila de Cangas en
mulleres e Lucus Caixa Rural en homes.
noticias