Saltar ao contido
Arquivo

Celebrado con exito e bos rexistros o Campionato Galego Absoluto e Cto. Galego promesa

O Pazo dos Deportes de Riazor albergou o Campionato de
Galicia Absoluto e Promesa en pista cuberta con algunhas ausencias destacadas, non obstante viuse un bo Campionato, con marcas importantes e con atletas das categorías xuvenís e júnior nos
primeiros postos. Os protagonistas da xornada foron entre outros a saltadora de obstáculos Teresa Rodriguez que con 7.50 se aproxima ao record de Virxinia Villar 7.48 do ano 2013, a saltadora
valdeorresa Leticia Gil que vencía o salto de lonxitude con 5.91 igualando o record que ela mesma posuía, o saltador de altura David Barreira por enriba dos dous metros con 2.03, Anxo Blanco o
atleta júnior do Club Coruña Comarca que gañaba pola mañá o triplo salto con 14.52 e vencía, ante a ausencia de Jean Marie Okutu, o salto de lonxitude cun mellor salto de 6.77, Paula Iglesias que
viña de bater hai poucas semanas o record galego xuvenil de 400 metros proclamábase na mañá de hoxe Campioa Galega Absoluta de salto de altura con 1.64. En canto ás probas de velocidade duelos
interesantes entre Denis Galán e Mauro Triana del Club Coruña Comarca nos 50 metros, vencendo o primeiro con 6.02 nunha axustadisima chegada; Carlos Moro del Riazor Coruña e Sergio Rodriguez nos
200 metros proclamandose Campión Galego este último con 22.52, nesta proba pero na carreira feminina a xovencisima atleta do Atletismo Narón Miriam Otero lograba correr máis rápido que á priori
favorita Lidia Casal, Miriam gañaba con 26.08. Outro duelo ao limite foi nos 400 metros nos que as catro finalistas estaban moi igualadas vencendo Paula Ferreiros del Lucus a Eugenia Gil del Club
Marineda Atlético en linea de meta cun tempo de 58.51. A proba reina do fondo foron os 3000 metros masculinos nos que de novo a sensacional xeración de atletas do ano 1998 nos ofreceron unha
carreira espectacular na que vencía Miguel González con 8.29.84 seguido de Adrián Ben e Tariku Novales. En mulleres carreira en solitario de Carmela Cardama del Comesaña Sporting Club. Boa carreira
de Victor Riobo nos 1500, que cruzo a linea de meta en 3.53.71

noticias
Compartir