MEDISAN DO CAMIÑO: Un novo proxecto atletico
Todo preparado para a MEDISAN DO CAMIÑO. Un novo proxecto atlético que
transcorrerá pola última etapa do Camiño deSantiago, da localidade de Arca-Pedrouzo ata Santiago de Compostela.
Unha proba bela e dura que terá a súa saída exactamente no mesmo punto onde o 4 de maio sairá a XII Carreira Popular Concello do Pino, e que concluirá cunha volta á Pista de Atletismo de San Lázaro
en Santiago de Compostela.
Trátase da guinda que faltaba na programación do atletismo de Santiago.
A programación desta carreira pretende ademais poñer en valor o significado do Camiño de Santiago.
Haberá bolsa de corredor e algunhas sorpresas.
Tamén haberá avituallamento líquido nos puntos quilométricos 5, 10, 15 e liña de meta. Tamén contará cun servizo de autobuses que traslade os corredores dende a liña de saída a de meta.
Un percorrido precioso e diferente a todas as probas desta distancia, contamos convosco. INSCRIBETE XA
Regulamento