Perto de 40 marchadores da Escola Galega de Marcha foron convidados para participar nunha proba de marcha en Rentaría
O domingo día 19 de xaneiro celébrase en Rentaría (Donosita) unha proba de marcha atlética que servirá tamén como cpto de Euskadi da especialidade na que a federación galega foi invitada a
participar. Ata alí desprazarase un nutrido grupo de 40 atletas para competir nas categorías dende infantil ata veterano. Esta competición é a antesala e servirá como preparación de cara do
campionato galego de marcha en ruta que se celebrará dúas semanas máis tarde.
A expedición sairá ás 7.30 da mañá dende Pontevedra cos atletas desta cidade máis os atletas procedentes de Santiago e A Coruña. Ás 8.15, en Vigo uniranse á expedición os atletas de Vigo e Cangas
(glorieta Garcia Barbón) ,en Ourense ( Pavillón de Deportes) realizarase unha última parada e recoller aos atletas de Lugo e Ourense para finalmente realizar o traxecto ata Rentaría.
É imprescindible que os clubs de cada atleta realicen a inscrición para esta competición no enlace da páxina web da RFEA destinado a iso. Polo tanto prégase aos atletas que se poñan en contacto cos
responsables do seu club para realizar a inscrición.
Recoméndase levar toalla e demais útiles de aseo.
Imprescindible viaxar con dni, e tarxeta sanitaria.
A organización faise cargo dos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención, agás os gastos de comida en traxecto, polo tanto o xantar do sabado e domingo corre a cargo do interesado.
Para calquera cuestion poñerse en contacto con Jorge Silva 620849040.
Atletas seleccionados: