Saltar ao contido
Arquivo

Campionato de España de Maratón

O vindeiro domingo celebrarase en San Sebastián o Campionato de España de Maratón Absoluto e Veterán con a participación de varios representantes galegos. A destacar o debut do atleta do New
Balance Lolo Penas. Xunto con el estará na saída o seu compañeiro de equipo Elías Domínguez e os tamén debutantes da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Ramón Serantes e Rubén Díz. Finalmente, Manuel
Hurtado non poderá participar por non estar recuperado totalmente das súa lesión. O compostelán Pedro Nimo, que fora subcampión na edición anterior na Coruña, será o encargado de marcalo ritmo até
o kilómetro 21.

noticias
Compartir