Saltar ao contido
Arquivo

Lolo Penas e Clarisse Cruz vencedores na Carreira Popular de Negreira

Despois da súa victoria en Santiago hai dúas semanas o atleta do New Balance Lolo Penas venceu na Carreira Popular de Negreira que vai xa pola sua 34ª edición. O atleta de Arzúa impuxose por escaso
margen a Jaougod Tougane do Club Atletismo Unión de Guadalajara. Completou o podium o que fora unha das grandes promesas do atletismo galego Miguel Mayán, da Agrupación Deportiva Porto do Son, quen
parece vir con forza entrando na liña de meta a pouco menos de 20 segundos dos dous primeiros. Nas mulleres a victoria foi un pouco mais clara para a portuguesa Clarisse Cruz, olímpica nos pasados
Xogos e pertencente o Sporting Club de Portugal. En segundo lugar entrou a tamén portuguesa do Comesaña Patricia Mendes e en terceiro Paula Mayobre do Bikila.

noticias
Compartir