Arquivo
Aviso importante sobre o seguro de atletas menores de 16 anos
Froito dun convenio da Secretaría Xeral para o Deporte cas federacións deportivas galegas, o seguro dos atletas federados ata 16 anos non fará falta contratalo dado que xa estarán cubertos polo
seguro da Secretaría Xeral para o Deporte. Aproveitamos para lembrar que todos os atletas participantes en XOGADE que desexen aparecer nos rankings galegos e participar en competicións federadas
deberán ter licencia federativa.
noticias