Saltar ao contido
Arquivo

Campionato de España Absoluto

Mais de 30 atletas galegos participarán no Campionato de España
Absoluto que se celebrará este fin de semana no Polideportivo Municipal José Caballero de Alcobendas (Madrid). Os atletas con mais opcións de subir o podium em homes son Jean Marie Okutu na procura
dos 8m en lonxitude e José Alfonso Palomanes no triple nun gran estado de forma ó longo de toda a tempada. Tamén Frank Casañas que ven de realizar onte a mínima A para o mundial de Moscú no
lanzamento de disco, Isaac Vicente no martelo e Manuel Uriz na xavalina. Tamén loitará polo campionato o decatleta David Gómez para quen sería o seu tercer título consecutivo. Nas mulleres claras
opcións para Paula Ferreiros nos 400m, Solange Pereira nos 1500, Belén Toimil no peso e disco despois dos seus excelentes resultados no campionato de Europa junior; o mesmo para Lidia Parada na
xavalina quen ven de bater tamén o record galego e Lorena Luaces na marcha.

noticias
Compartir