Francisco Duran, Pablo Denis e Lidia Parada ao Europeo sub 23
Francisco Durán, Pablo
Denis e Lidia Parada viaxarán na proxima semana a Tampere (Finlandia) para defender as cores da Selección Española no Campionato europeo Sub,23. Fran, do Simply Scorpio, competirá nos 20 Km marcha
. O pontevedrés conseguiu a mínima durante o transcurso do Pasado Gran Premio Internacional de marcha, celebrado no circuito dos Cantones da capital herculina, pulverizando o seu mellor rexistro
ata o momento, deixandoo en 1.26.02. Pola su parte, o lanzador Pablo Denis, da A.D. Maratón, este ano con unha marca de 66.22 participará na proba de martelo. A única representante feminina, a
lanzadora de xavalina da Atlética Barbanza Lidia Parada conseguiu a marca mínica o pasado fin de semana no Campionato de España Promesa con un último lanzamento de 53.32, millor marca da tempada
galega.