Arquivo
Carreira Nocturna Popular de San Xoán
Celebrouse unha nova edición da Carreira Nocturna Popular de San Xoán en Vigo. Como ven sendo tradicional dende hai 30 edicións, pasadas as nove da noite deuse a saída de unha das probas mais
coñecidas na noite das meigas. O vencedor nesta ocasión foi o atleta do Bikila Daniel Bargiela quen aventaxou en 5 segundos ó atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra Rafael Fuentes. A primeira
muller en entrar na liña de meta foi a campeona de España de Maratón Mª Jesús Gestido, este ano como independente, con un tempo de 28.08. Cabe destacar que a segunda muller foi a que fora atleta
internacional Estela Estevez, con un tempo de 29.43
noticias