Saltar ao contido
Arquivo

Campionato Galego de 10 km. en ruta

Nunha tarde fresca pero sen choiva, celebrou-se en Padrón o Campionato
Galego de 10km en ruta. As 18:00 deuse a saída conxuntamente con os atletas populares que disputaban a XI Carreira Popular Concello de Padrón. Dende os primeiros metros da proba os dous grandes
favoritos para acadar a victoria, Alejandro Fernández e Pedro Nimo ían acompañados de homes tamén importantes como Akka Essadaoui, José Antonio Ramallo, Iván Docampo, Antón Ruanova, Elias Dominguez
e Rafael Fuentes. No paso polo metade da proba, no kilómetro 5k era xa evidente que a victoria disputaríase entre o atleta do New Balance Alejandro Fernández e Pedro Nimo do Bikila. Entre o
kilómetro 7 e 8, Alejandro toma unha lixeira vantaxe que, finalmente, sería suficiente para revalidar o seu título da tempada pasada en Riveira. Na linha de meta Alejandro marcararía un tempo de
30.20. A 15 segundos entraría Pedro Nimo. A terceira posición foi mais disputada, sendo o atleta veterán do New Balance Elías Domínguez o que se alzou con o terceiro posto no campionato por escasa
diferencia con o atleta da Gimnástica de Pontevedra Rafael Fuentes. Nas mulleres, a grande favorita Solange Pereira dominou a proba de principio a fin. A atleta do Bikila marcou un tempo de 34.59
sendo segunda Agueda Blanco do Atletismo Samertolameu con 37.13 e Mª Carmen Penas do Comesaña terceira con 37.52. Resultados

noticias
Compartir