Saltar ao contido
Arquivo

Campionato de Espa�a de marcha Cadete feminino ouro, xuvenil-junior feminino, prata Lorena Luaces, bronce en 20 km

Os marchadores galegos volveron cumprir no nacional de marcha en ruta, esta
vez en terras murcianas. Cun listón moi alto tras os catro podios por equipos do ano pasado, o balance final é de sete medallas. Título e ouro para o combinado feminino cadete en 5 km, con 19
puntos, con Antía Chamosa, que tamén se colgou o ouro individual, Carmen Escariz, Celia Somoza, Alba Cajide e Noa García. As rapazas do xuvenil-júnior: Mar Chillón, Carmen Fuentes, Marisol Diz,
María Abeledo e Débora Pato, proclamáronse subcampionas, sobre unha distancia de 10 km, sumando 22 puntos, sendo o bronce júnior para Marisol Diz. O equipo cadete masculino foi cuarto, a sete
puntos do bronce e o júnior sexto, a un punto do quinto.
A nivel absoluto, bo papel das dúas representantes galegas. Lorena Luaces foi terceira nos 20 km, cun tempo de 1.31.32, seguida por Eva Mª Iglesias (SGP) 1.37.02. As outras dúas medallas foron para
Francisco Durán que obtivo o bronce en 20 km promesa, con 1.30.13 e a veterana Montserrat Pereira, prata en 10 km F35. Resultados

noticias
Compartir