Arquivo
Presentacion do Vila de Cangas para a tempada 2012-13
O club Vila de Cangas presentou en sociedade aos equipos en cada unha das
categorías que integran a gran masa de atletas desta entidade durante a tempada 2012/2013. Un total de 205 deportistas forman parte deste prestixioso club que vén desenvolvendo desde fai xa anos un
excelente labor de promoción e divulgación do atletismo comarcal e galego. Ao acto asistiu o Alcalde de Cangas Jose Enrique Sotelo, o presidente da federacion galega Isidoro Hornillos, o xefe do
servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia Daniel Benavides, que acompañaron á presidenta do club Carmen Parada Martinez, aos membros da xunta directiva así como ao cadro de persoal de
adestradores, atletas e familiares.
noticias