Saltar ao contido
Arquivo

Dominio africano na Carreira Popular de Negreira

A XXXIII Carrrera Popular de Negreira tivo lugar na mañá de hoxe domingo 12
de Novembro co aliciente de estar incluída no calendario nacional da RFEA o que implicou a presenza de atletas internacionais de nivel destacado na carreira absoluta que celebrouse ás 11.30 sobre
unha distancia de 10 quilómetros. Desde primeira hora da mañá os arredores do colexio de O Coto convertéronsenun ir e vir de atletas novos que disputarían as primeiras das probas previstas. Sobre
unha distancia de 1000 metros competiron nenos e nenas das categorías benxamín e alevín cunha gran participación nesta proba,na que os vencedores serían en benxamines Ephrem Canal e Noela Botana
mentres que en alevíns os primeiros en cruzar a meta serian Salama Loufti e Daniela Eiras. Importante participación dos atletas do C.E.I.P O Coto de Negreira que lograron por equipos o primeiro
posto por diante de Club Dexter Triatlon Compostela e do Club Atletismo Noia. Ás 11 deuse a saída á proba de cadetes e xuvenís onde se congregaron algúns dos mellores atletas galegos das
categorías, por diante un circuíto esixente de 4500 metros. O atleta do Club Atletismo Noia Tariku Novale, de 14 anos, non deu opción aos seus rivais entrando en liña de meta en solitario, Tariku
viña de vencer na Carreira Pedestre de Santiago demostrando nesta ocasión que continúa coa súa progresión de cara a unha tempada ilusionante con obxectivos importantes a nivel nacional. En mulleres
sucedeu algo semellante, nesta ocasión foi IriaRodriguez do Atletismo Porriño quen venceu na proba sendo a primeira atleta cadete. En categoría xuvenil os vencedores foron Nicolás Villanueva, que
repetiu o triunfo logrado na edición do ano pasado e Carla Castaño. Na categoría infantil Arturo Ramos e Claudia Fernández realizaron unha carreira sensacional sendo primeiros na liña de meta. Na
xeral por Clubes o Olímpico de Vedra imporíase ao Club Atletismo Noia. A choiva daba unha tregua á carreira absoluta onde presaxiabase unha proba de calidade con numerosos atletas etíopes xunto con
nomes recoñecidos no atletismo autonómico como,HassamLekhili, segundo na edición do ano pasado. Dende os primeiros metros, os atletas africanos impoñen un ritmo forte nun circuíto moi esixente con
continuos desniveis. Os atletas galegos co obxectivo de competir nas Carreiras Populares máis importantes de Galicia presentábanse nesta carreira co fin de acumular quilómetros e intentar meterse
entre os dez primeiros da xeral, a tan só unha semana doutra proba importante como é a Carreira de San Martiño, en Ourense.

O circuíto foi situando a cada atleta no seu lugar índose por diante os atletas africanos Tsegaye Mekonnen e Cybrian Kotut a uns metros seguíalles Merhawi Tadese e un terceiro grupo no que se
atopaba o portugués Marco Morgado. En mulleres formábase un grupo reducido de atletas nas que era Correti Jepkoech a que tiraba do grupo, en canto ás atletas galegas as mellores situadas eran Maria
Jesús Gestido e Paula Mayobre. Polo quilómetro 7 e en plena subida os duelos pola vitoria final parecen claros, Hassam Lekhili pasa en solitario a máis de dous minutos da cabeza de carreira, o
portugués Marco Morgado aguanta no segundo grupo que loitará polo terceiro posto. Neste quilómetro María Jesús Gestido é a primeira atleta galega en pasar seguida a bastante distancia por Paula
Mayobre que pouco a pouco vai volvendo á competición. Finalmente cun registro sensacional o vencedor seria o etíope da categoría junior Tsegaye Mekonnen con 29.45, Hassam Lekhili seria noveno e
décimo un combativo Luís Calvo. Na proba feminina gañaría ao sprint con 33.36 Marta Tigabea, cruzando a meta cun tempo de 36.42 Maria Jesús Gestido. Na xeneral o club vencedor foi o Sar A Poutada
con resultados destacados dos seus atletas en especial de Rubén Caamaño que entrou no posto once. En categoría promesa os vencedores serían Abdelaziz Fatihi e Catuxa Segade mentres que na proba
junior subirían ao pódium Olaf Araujo e Nerea Ruanova. Edición número 33 desta xa recoñecida Carreira Popular de Negreira con ampla participación de atletas internacionais que permiten ver a
atletas dun nivel excepcional xunto coas grandes promesas do atletismo galego.

noticias
Compartir