Saltar ao contido
Arquivo

Victorias do ADAS e LUCUS en categoria Junior e San Narciso e Vila de Cangas en cadetes

Nunha xornada moi calurosa as pistas de O Barco acolleron
unha nova edición do Campionato Galego de Clubes Junior e Cadete. Na categoría Junior proclamaron-se campeón o ADAS con 48 puntos por diante do Real Club Celta de Vigo e o LUCUS en homes sendo o
LUCUS con 44 puntos o novo campion nas mulleres por diante do Celta Femenino e o Atletismo Vila de Cangas.
Nos 100m as victorias foron para os atletas do LUCUS.
Nos homes victoria moi apretada para David Méndez con 11.91 polos 11.92 do atleta do AVA Pedro Arias. Nas mulleres Patricia Carballo gañou con maior claridade con 12.92. Nos 200m Carlos Moro
participante co ADAS e Miriam López do LUCUS foron os vencedores con 22.73 e 29.94, respectivamente. Nos 400m venceu o atleta céltico David Abalde con un bo rexistro de 51.89 mentras que en
mulleres a victoria foi para a atleta do LUCUS Paula Ferreirós con 1.01.82. Paula sería a gañadora tamén da proba dos 800m con 2.26.99. Nos homes a victoria para a doble volta á pista foi para o
atleta do ADAS José Mª Díaz con 2.02.13. Xa nos 1500m as victorias foron para José González do ADAS e Jenny Fernández do Atletismo Femenino Celta con 4.43.10 e 5.17.15. Os célticos dominaron os
3000 con primeiros postos para Angel José Fernández (9.43.57) e Rocío Rodriguez (12.20.17).
Doblete tamén para os altletas do LUCUS nos valados con victoria
de Miguel Pérez nos 110 (14.57) e de Alicia Merino (17.83)nos 100mv. Nos 400mv os vencedores foron Javier Rivero (1.01.69) do ADAS e Mª Jesús Novo (1.16.41). A proba dos obstáculos foi dominada por
Agustín González do ADAS (6.89.34) e Sandra Rodriguez do Atletismo Celta Femenino (8.31.33). Victorias tamén para Mar Chillón do Vila de Cangas (27.52.84) e Pablo Maciñeiras do ADAS (27.13.33) nos
5km marcha.
A lonxitude foi tambén para os atletas do LUCUS sendo os gañadores Alicia
Merino con 4.86 e Pablo Modia con 6.67. No triple a victoria foi para Daniel Rouco do ADAS (12.66) e Milagros Aldana do Celta (10.65). Sara Pino do LUCUS con 1.57 e David Barreira do ADAS con 1.75
foron os vencedores na altura. Na pértega doblete tamén para os célticos con Miguel Cajaraville (3.10) e Mariña Alcalde (2.20) como primeiros.
Nos lanzamentos, os vencedores foron Jesús Carballo (11.00) do ADAS e Raquel Vila (10.56)do Vila de Cangas en peso, os atletas do Celta Adrián Estevez (41.07) e Ana Izquierdo (36.93) no disco,
Antonio Molina (52,52) do ADAS e Alejandra Campos (26,47) do LUCUS en xavalina e Luis González (50.15) e María Sio (31.45) en martelo, ámbolos dous do Celta.
As atletas do LUCUS gañaron os relevos 4×100 e 4×400 sendo os atletas do Celta os gañadores no 4×100 e os atletas do ADAS no 4×400 os vencedores masculinos.
Na categoría cadete victorias para os atletas do San Narciso e das atletas do Vila de Cangas. Subiron tamén ó pódium masculino o ADAS e o RIA Ferrol e o LUCUS e Riazor Coruña nas mulleres.
Francisco Rodriguez do ADAS con 11.75 e Ainhoa Don do Riazor con 13.88 foron os vencedores nos 100m. As victorias nos 300m foron para o atleta do San Narciso Alfonso Pérez con 37.59 e Inés Vázquez
do LUCUS con 45.09. Alfonso Pérez foi tamén o vencedor dos 600m (1.38.62) mentras que nas mulleres a victoria foi para Noa Rouco do Vila de Cangas (1.50.44). Nerea Martínez do LUCUS (3.26.80) e
Sergio González do RIA Ferrol (2.58.21) foron os gañadores nos 1000m. Os atletas do LUCUS dominaron tamén os 3000m con victorias de Adrián Ben (9.58.14) e Lara Corral (12.37.84).
O atleta da Asociación Viguesa Pedro Juncal foi o vencedor nos 100mv mentras que a victoria nas mulleres foi para a atleta do LUCUS Mara Vila (17.30). Andrés García do San Narciso (45.04) e Carla
Gallo do LUCUS (49.60) foron os vencedores nos 400m.v. Nos 1500m. obstáculos os gañadores foron Noel Soto do RIA (5.08.00) e Lucía Piedras (6.29.02) do Vila de Cangas. Na marcha a atleta do Vila
de Cangas Esmeralda Corredoira foi a vencedora nos 3km mentres que nos 5km o gañador foi Duarte Traseira do LUCUS.
Na lonxitude as victorias foron para Alexia Vidal do Vila de Cangas con un mellor salto de 4.85 e Fernando Rabade do AVA con 5.76. Tamén o atleta do AVA Xosé Manuel Fernández foi o gañador no
triple con 11.75. Nas mulleres venceu Ainhoa Portos do Riazor con 11.01. Victoria para Saleta Fernández do LUCUS e Sergio García do San Narciso na altura, os dous con a mesma marca de 1.66.
Nos lanzamentos Raúl Vázquez do ADAS (12.32) e Patricia Torres do Vila de Cangas foron os gañadores no peso. No disco venceron Andrés García do San Narciso (36.68) e Carla Bernárdez do Vila de
Cangas (27.14). Na xavalina os millores foron Rokhaya Diop do Riazor con un mellor lanzamento de 26.24 e Raúl Vázquez do ADAS con 39.30. Johana Villar do Vila de Cangas con 31.27 e Gonzalo Brotóns
do San Narciso con 47.11 foron os vencedores no martelo.
Victoria do RIA Ferrol no relevo 4×100 e o AVA no 4×300 masculino. Nas mulleres a victoria do relevo 4×300 foi para as atletas do LUCUS

Resultados Xunior Cadete
Fotos: Flor Currás

noticias
Compartir