Saltar ao contido
Arquivo

Manuel Oliver P�rez e Yolanda Gutierrez vencedores na Volta a OZA

O Barrio da Gaiteira, na Coruña, volveu a contar cunha Carreira Popular
organizada pola Asociación de Veciños Gaiteira- Fátima coa denominación de Carreira Popular Volta a Oza. Un circuito esixente con saída e chegada na Avenida de General Sanjurjo, próxima ao Parque
Europa, cun percorrido predominantemente en suba puxo a proba a preto de 200 atletas.
A primeira hora da mañá celebrábase a proba das categorías inferiores que terían que percorrer unha distancia de 1000 metros cruzando a zona peonil da Gaiteira, baixando cara á rúa Ramón e Cajal
para entrar en liña de meta na mesma zona de saída. A vitoria da proba foi para Claudia Fernández do Universitario de Santiago, atleta que carreira tras carreira demostra a súa adaptación ás probas
de asfalto xa que na popular de Noia, celebrada o fin de semana pasado, tamén logrou a vitoria en categoría alevín. Nesta ocasión disputou o sprint con Adrián Sánchez, atleta cadete.
Na proba absoluta Manuel Oliver Pérez do Club Coruña Comarca parecía a priori o
favorito xa que nos últimos meses logrou subir ao podio en todas as probas que disputou, entre elas a Carreira Popular de Cambre e no Campionato Galego de Media Maratón celebrado en Petín. Nas
mulleres sen lugar a dúbidas un dos atractivos estaba en ver o estado de forma de Yolanda Gutiérrez do Comesaña Sporting Club despois de disputar fai unha semana o medio maratón de Petín, na que
resultou vencedora cun tempo de 1.20.53 nun día con moita calor. Na Carreira Popular Volta a Oza a dureza da proba foi patente nos primeiros quilómetros nos que a saída en pendente e a suba cara á
Avenida del Pasaje xa marcaba as primeiras diferenzas. Nun primeiro momento é Carlos Casal quen marchase uns metros dun grupo entre os que vai Manuel Oliver Pérez, Jacobo Gesto e André Luis Souza,
atletas que subiron ao podio na Carreira de Santa Cruz celebrada en Agosto. Pola súa banda Yolanda Gutierrez realiza os primeiros quilómetros acompañada dun grupo de atletas sen ver perigar en
ningún momento o seu primeiro posto.
Chegando á zona da glorieta da Pasaxe, Manuel Oliver alcanza ao primeiro clasificado e comeza a impoñer un ritmo forte, a suba máis dura do percorrido prodúcese na zona de Pedralonga para a
continuación ter que descender pola Avenida de Monelos. Nestes momentos da proba tanto nos homes como nas mulleres as posicións parecen claras, Manuel Oliver e Yolanda Gutiérrez vencen claramente
entrando sen oposición en liña de meta cun tempo de 25.27 e 28.11 respectivamente, destacar que a atleta do Comesaña foiséptima na xeral, boa carreira tamén de Carlos Casal segundo e de Javier
Tourís que entraría terceiro.
A medida que ía transcorrendo os minutos o resto de atletas participantes foron entrando en meta, en moitos casos exhaustos pola complexidade da proba pero co apoio de familiares e amigos que non
deixaron de aplaudir ata a chegada do último dos atletas inscritos. Resultados

noticias
Compartir