Saltar ao contido
Arquivo

XV Carreira Popular Santa Uxia Ribeira- Campionato Galego de 10 km ruta

O domingo 16 de setembro celebrase na cidade costeira de Riveira a XV
Carreira Popular de Santa Uxía que será a súa vez Campeonato Galego de 10 km en ruta 2012. A proba que estará homologada pola RFEA contará coa presencia dos mellores fondistas galegos nun escenario
fermoso que atravesará a zona costeira da cidade e que empregará as rúas peatonais de recente construcción. Compre lembrar que os atletas federados deberán realizar a súa inscrición a través do
sistema online desta páxina e que tamén deberán realizar a inscrición na carreira popular se queren optar a algún trofeo ou premio en metálico da carreira popular.

Regulamento XV Carreira Popular de Santa UxíaCircular
Campionato Galego

noticias
Compartir