Saltar ao contido
Arquivo

Asfaw Tewodros imponse na I Maratón A Coruña 42 e Jorge Crespo e Silvia Rodriguez Campions galegos

A I Edidicón del Maratón Coruña 42 comezou a fraguarse hai moitos meses, probablemente anos na mente dos organizadores. A
Coruña contaba xa no seu calendario coa Carreira de Coruña 10 e a Media Maratón non obstante a proba raíña
en ruta era un proxecto
ilusionante e esperado por todos. O sono da cidade da Coruña
e do atletismo galego tivo a súa realidade na mañá do domingo. Nas semanas previas ao evento, os organizadores, o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo perfilaban todos os detalles que supoñían a nivel de organización unha coordinación total entre todos os implicados

O Campionato Galego da distania foi para os atletas Jorge Crespo del Atletismo Sar e Silvia Rodriguez del Esprintes de Ourense cunha rexistros de 2.34.50 e
3.26.01

(Para continuar a noticia faga click en Noticia completa)

Os dorsais fóronse recollendo de forma graduada o venres e o sábado, para iso contábase con voluntarios dos diferentes clubs da cidade: Club Rialto, Club Marineda Atlético, Club Coruña Comarca e Club
Riazor. Estes mesmos voluntarios xunto cos do Concello formaban un total de aproximadamente 200 persoas que se encargaron dos avituallamentos, entrega de
material, vixilancia en zonas de paso, asistencia ao corredor, a coordinación na saída e a recepción dos atletas unha vez finalizada a proba.

Dende as 7 da mañá do domingo, todo o dispositivo estaba preparado para ir recibindo os atletas, entre eles deportistas populares e atletas federados de distintas nacionalidades que quixeron apoiar
a I Edición do Maratón Coruña 42. Mentres os atletas que correrían o maratón se ían achegando aos caixóns de saída, os que participarían
posteriormente na carreira de 10 quilómetros iniciaban os seus quentamentos. Na mente de todos duas cousas: a meta e o tempo.

Ninguén desexaba que se convertese en protagonista pero dende o pistoletazo de saída todos eran conscientes de que á dureza propia da distancia se ía engadir o vento, a chuvia e o frío. De xeito
puntual deuse a saída cun atleta na cabeza dende o primeiro metro ata o último, o etiopeTewodros Zewdu, atleta de 32 anos que
no 2011 en
Langreo acreditaba unha marca de 2.15.34 e que adoita prodigarse en carreiras de medio maratón na xeografía nacional. Os dous primeiros
quilómetros lévanos cara á zona do
Orzán onde o vento empeza a soprar, non obstante o atleta do equipo Bikila
marca un ritmo dende o inicio de 3.20. Superada a costa da Casa dos Peixes xiran para iniciar o descenso. O quilómetro 5, na rotonda do Colexio Las
Esclavas
, pásao a 16.20 en solitario, por detrás o dúo perseguidor formado por dous atletas galegos de calidade, Elías Domínguez e José Antonio Ramallo, a continuación a uns cen metros os atletas Manuel Oliver Pérez,
Jorge Crespo e José Manuel Casado. A primeira circunstancia da carreira dáse un quilómetro máis tarde cando
os atletas que ían en segundo e terceiro lugar,
Elías Domínguez e José Antonio Ramallo, quedan fóra
da carreira ao non seguir o circuíto marcado. Por diante
Tewodros Zewdu continúa coa súa carreira en solitario loitando contra o vento e recibindo o
ánimo
do público e os atletas que se cruza no seu camiño. En mulleres dende o inicio da proba tamén unha única protagonista, Maria Cabadas que acompañada doutros atletas masculinos vai tomando distancia sobre os seus rivais. Esta atleta ferrolana foi protagonista nalgunhas das carreiras populares celebradas este inverno como a Carreira Popular de San Xiao en Ferrol ou o Cross de Cabanas.

Os 10 quilómetros pásaos o atleta etíope por debaixo dos 32 minutos pero a continuación viría probablemente o peor momento da carreira para todos os
participantes, incluídos os da Carreira de 10 quilómetros que xa saíran, unha granizada que durou uns minutos e que non fixo desistir os atletas no seu empeño de rematar a proba.

noticias
Compartir