Arquivo
Frank Casañas, mellor marca mundial en disco (66,25m)
O discóbolo español con licenza FGA, Frank Casañas
(Praias de Castelló) estableceu a mellor marca mundial do ano en disco con 66,25m nun control provincial realizado na pista Gaetá Huguet de Castelló, no que era o seu debut nesta tempada. O pupilo
de Antonio Simarro, que posúe unha mellor marca persoal de 67,91m realizada en 2008, realizou deste xeito o seu mellor inicio de tempada de sempre na que ten posto o punto de mira na gran
competición do verán, os Xogos Olímpicos de Londres
noticias