Publicadas as Seleccións Galegas de campo a través e marcha en ruta, así como as becas a atletas galegos
No día de hoxe fíxose pública a Selección Galega
de Campo a Través que participará no vindeiro Campionato de España a disputar en Gijón no día 4 de marzo. É moi importante que tódolos clubes e adestradores comuniquen aos seus atletas
esta convocatoria co fin de confirmar a súa participación ca selección. Por outra banda tamén publicouse a Selección Galega de Marcha en Ruta que participará no Campionato de
España de marcha en ruta o vindeiro domingo día 4 de marzo.
Por outra banda comunicamos que a Federación Galega de Atletismo repartirá máis de 40.000 euros en becas a atletas galegos. No seu compromiso cos atletas galegos, a FGA, única federación que ten un
programa de becas tan forte, repartirá máis de 40.000 euros a atletas galegos que obtiveron resultados destacados na pasada tempada cumprindo os requisitos reflexados na Circular de becas da pasada
tempada.
Seleccions galegas de Marcha – Campo a
Través – Atletas becados FGA