Eleuterio García deixa o seu cargo ao fronte da Delegación de Vigo
A Delegación de Vigo da FGA terá unha importante baixa no seu equipo directivo, o
que foi su presidente durante moitos anos anunciou nestes días a súa baixa por motivos persoais. Eleuterio continuará como Vicepresidente da FGA traballando en pro do atletismo galego. Lembremos
que a Delegación de Vigo sempre foi unha delegación caracterizada pola gran cantidad de eventos atléticos que acolle: xornadas en pista, campionatos galegos, campionatos de España, probas de ruta,
etc. Eleuterio dará o seu relevo a Jeús Martínez, expresidente da Sociedade Atlética Val Miñor, quen será nomeado oficialmente polo presidente nos vindeiros días. Dende a FGA desexamos agredecer
públicamente a Eleuterio todo o seu apoio e traballo en pro do atletismo e desexar a Jesús Martínez unha boa xestión neste novo cargo que asumirá dende estes días.