Saltar ao contido
Arquivo

Boa actuación galega no cross de Venta de Baños

Este fin de semana varios atletas galegos desprazáronse ata Palencia
onde se disputaba na xornada matinal do domingo a XXXII edición do cross internacional de Venda de Baños na que participaron atletas españois tan ilustres como Chema Martinez 3º, Juan Carlos
Higuero 5º ou a lucense Alessandra Aguilar que finalizaría na 10ª posición na categoría sénior feminina.
O atleta Iván Manso-Pedrosa do club Franciscanos Lugo foi o claro vencedor na categoría cadete masculina sobre unha distancia de 4275 investindo un tempo de 15.23″ na que o seu compañeiro de equipo
Ivo Maseda rematou en 4ª posición. Ambos os dous atletas realizaron a totalidade da proba comandando o grupo principal, na que a falta de 2 km Iván cun forte cambio de ritmo quedou en solitario á
fronte da proba, lugar que xa non abandonaría ata a meta. Mentres o seu compañeiro Ivo perdía a 3ª praza nun disputadisimo sprint e Miguel Escarda, Adrián Diéguez e Saúl Jáuregui finalizaban na
11ª, 16ª e 29ª praza poñendo un magnífico broche á gran carerra dos atletas do Franciscanos.
Na categoría xuvenil masculina Miguel Otero del Ourense academia postal finalizaba na 5ª posición, o seu compañeiro Anxo Durán era 22º mentres os atletas lucenses do A.D.A.S, Jose González , José
María Díaz eran 9º e 26º e Xavier Legaspi do Elite de Noia no posto 29 realizando tamén unha excelente carreira.
Na categoría júnior masculina Hugo Loureiro (OOAA) consiguiría a 6ª praza.
No apartado feminino destacar a 9ª praza obtida pola atleta do Club Franciscanos Luísa Manso-Pedrosa na categoría cría feminina. Xa na categoría xuvenil feminina a atleta do OOAA Cristina González
finalizaba na 12ª posición mentres a atleta lucense Tamara Aguiar era 18ª.

noticias
Compartir