Saltar ao contido
Arquivo

Gran actuación dos marchadores galegos en Getafe

O domingo dia 11 na localidade madrileña de Getafe celebrouse o Campionato de
España de Inverno de marcha de promoción, realizando os marchadores galegos unha brillante actuación.
A atleta de Cuntis Carmen Escariz proclamouse Campiona de España cadete en 3 Km. e Daniel Chamosa subcampión en 5 Km Carmen Fuentes foi sétima (realizando todos a minima esixida para o nacional
cadete de pista de Xativa o próximo mes de Xuño)
O júnior Francisco Durán rozou o podio ao ser cuarto cun excelente crono persoal de 21.37 nos 5 Km Notable actuación da xuvenil Marisol Díz, sendo quinta cun crono persoal de 25.46 (a só 10
segundos do bronce e minima para para o nacional de pista de Aranjuez. Mar Chillón do Vila de Cangas foi sétima en 5 km. xuvenil, Miriam Gómez foi sexta en juinior, Armando Pereira, oitavo e Fabio
Pereira noveno todos eles do Real Club Celta de atletismo
No Trofeo Vila de Getafe que se celebrou conxuntamente co Campionato, a promesa Samanta Mulloni foi cuarta nos 10 Km. Con 55.06 (minima campionato de España a celebrar no mes de Xullo en
Toledo)
Os pequenos do Cuntis estiveron a gran altura, logrando o primeiro posto Roberto Veiro en 2 Km. cuns sobresaíntes 10.32 e bronce para Javier Escariz. Tamén Debora Pato acdou o triunfo nos 3 Km.,
de promoción, Brais Prieto foi segundo na liña de meta cun crono de 16.23, sendo bronce Ismael Laaribi. O cadete Cristian Dumbrava en 3 km., Antia Chamosa foi cuarta infantil cun crono de 16.20 e
Jaime Arias tamén cuarto infantil. Tambien destacaron Paula Pérez e Alba Cajide.
A triste noticia foron a descalificacións de Rocio Carbia e Elena Resultados

noticias
Compartir