Un total de 17 atletas galegos obtiveron unha beca para adestrar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
A Dirección do Centro Galego de Tecnificación Deportiva da
Secretaría Xeral para o Deporte, publicou o pasado día 13 de setembro o listado de deportistas galegos que obtiveron unha beca para poder adestrar e residir nas instalacións dependentes da
Secretaría Xeral para o Deporte sitas na cidade de Pontevedra. Dos 170 deportistas pertencentes a distintas modalidades deportivas, figuran 17 atletas, entre eles grandes deportistas de nivel
internacional como Gustavo Nieves, Jean Marie Okutu, Alfonso Palomanes ou Belén Toimil, entre outros. O Centro Galego de Tecnificación Deportiva goza dunhas fantásticas infraestructuras e dun
persoal de apoio ao deportista do mais alto nivel, facilitando moito o adestramento destes atletas becados. O curso deportivo comezou o día 15 de setembro mentres que o académico, para aqueles
atletas xóvenes comezará o día 19 do actual mes.(Listado atletas becados)