Campionato Galego Junior-Cadete de Clubes
En sabado pasado nas instalacións
do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, celebrouse conxuntamente o Campionato Galego Cadete
e Junior e coas citadas competicións dáse por finalizada a tempada en pista.
A xornada desenvolveuse sen incidentes, e os atletas tiveron que soportar o forte vento en contra.
En categoria cadete resultaron vencedores o club local dos Franciscanos de Lugo en homes con 67,5 puntos, logrando o ADAS a segunda posición con 65,5 e terceiro lugar para o San Fernando Lucus con
64,5 puntos.
O titulo de mulleres para o Vila de Cangas con 72 puntos, sendo o San Fernando Lucus segundo con 70 e o Cuntis con 59 foi terceiro.
Soamente foron 2 puntos a diferenza entre os equipos campións e subcampións, o que dá idea da forte loita que houbo en toda a competición. Resultados Cadetes – Clubes
Campionato JuniorEn home o Real Club Celta
de Atletismo foi o claro vencedor con 93 puntos, seguido do ADAS con
86,5 e en terceira posición o San Fernando Lucus con 69.
En mujers a competición estivo moi rifada, e ao final os relevos foron os que decidiron e o Ourense Academia Postal se proclamou campión con 58 puntos, quedando segundas o Atletismo Feminino Celta
con 57 e en terceira posición o Lucus Caixa Rural con 41,5 puntos Resultados Junior – Clubes
Fotos: Flor Currás