Arquivo
Isaac Vicente estableceu na tarde de hoxe un novo record galego absoluto de martelo
O atleta vigués Isaac
Vicente (A.D. Marathon) bateu na tarde de hoxe o record galego absoluto de martelo. Isaac lanzou o artefacto a 69,14 mettros, mellorando en 10 centímetros a súa anterior marca galega. O
record tivo lugar no transcurso dun control técnico da RFEA celebrado no Centro de Alto Rendemento de lanzamentos de León. O discípulo de José Manuel Hermida amosou en varias ocasións un moi bo
estado de forma pero a marca se lle resistía. A súa vindeira cita será a disputa do nacional absoluto, partindo con moitas opcións para optar á medalla, dado que está actualmente segundo no ranking
nacional. Noraboa!
noticias