Saltar ao contido
Arquivo

Os atletas galegos de fondo, marcha, valados e lanzamentos estarán de concentración en Semana Santa. Conferencia sobre psicoloxía para os atletas e adestradores galegos

A FGA dentro do seu Plan Galego de Tecnificación contempla
a organización de concentracións dos distintos atletas adscritos aos diferentes sectores. Nos vindeiros días os responsables dos sectores galegos de lanzamentos, valados, marcha e fondo organizan 4
concentracións que terán lugar en distintos puntos da xeografía galega. A primeira delas será este domingo nas pistas de Elviña, baixo a tutela de Vicente Veiga, participarán un
total de 30 atletas e adestradores nunha sesión de adestramento técnico dun día. Nese mesmo día incorporaranse en Sanxenxo perto de 40 atletas e adestradores convocados para a concentración de
marcha dirixida polo ex-olimpico Santiago Pérez, que traballarán arreo ata o día 20. O luns día 18 terá o protagonismo o sector de fondo galego, 20 atletas e adestradores
achegaranse ata o Hotel Coia de Vigo para iniciar varios días de adestramento técnico e convivencia, baixo a dirección de Alfonso Ortega, ademais de participar nunha conferencia
sobre o adestramento psicolóxico que impartirá a responsable do gabinete de psicoloxía deportiva da FGA, a profesora doutora María Dolores Gonzalez, a charla terá lugar no Hotel
Coia o martes ás 16:30 horas e estará aberta a calquer adestradore, pai/nai ou atleta que desexe participar. Xa por último, e como é tradición, Raimundo Fernandez, dirixirá unha
concentración do sector de lanzamentos na Pobra de Caramiñal, a incorporación dos atletas farase o día 21 e rematará o día 24 despois do xantar.

noticias
Compartir