Saltar ao contido
Arquivo

A TVG2 anuncia na súa programación o segundo programa de CITIUS, ALTIUS FORTIUS

A FGA estivo traballando arreo toda a semana para producir o segundo
programa do atletismo galego “Citius, Altius, Fortius”. A TVG2 xa incorporou na súa programación a data da emisión deste segundo programa, estando previsto para este domingo ás 11:02, salvo cambio
de hora por parte desta canle de televisión. Nesta entrega, haberá un especial do Cto. de España de 10.000 metros, da Media Maratón Vig-Bay, resumo dos campionatos de España de inverno, reportaxe
sobre deporte e saúde, entrevista ao presidente do Club SGPO, actuacións dos atletas galegos en competiciósn internacionais e moitos contidos mais. No cho podes perder!, o domingo ás 11:02 horas!
(Ver programación TVG2)

noticias
Compartir