Saltar ao contido
Arquivo

Campionato Galego de Clubes

Este sábado en Ourense, unha das probas máis atractivas do calendario
atlético.
As pistas de atletismo Josefina Salgado de Monterrei (Ourense), serán este sábado a sede do Campionato galego de clubs, unha das probas preferidas polos atletas.
Quince equipos de toda Galicia, sete masculinos e oito femininos, competirán en vinte probas diferentes, de todas as modalidades.
Un ano máis, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Club Ría Ferrol-Concepción Areal, o Real Club Celta de Atletismo, o Atletismo Feminino Celta, Ourense Academia Postal, San Fernando Lucus,
Atletismo Sierra Narón, Atletismo Vila de Cangas e Club ADAS Proinor do Barco, pelexarán pola vitoria, un posto de podio ou simplemente mellorar a clasificación do ano anterior, nunha loita
desigual que inclúe equipos que militan na División de Honra española, Primeira División, Segunda, e outros que completan habitualmente aos grandes como equipo asociado nas competicións
nacionais.
A priori, parten como favoritos o Ría Ferrol en mulleres, que revalidaría o seu título das últimas edicións e a Ximnástica de Pontevedra e o Ourense – vixente campión- en homes. A competición leva
acabo cun atleta por proba e supón un ensaio de face ao campionato nacional de clubs a disputar en dúas semanas. O feito de que os grandes non adoiten recorrer ás súas fichaxes foráneas para esta
cita e non poidan contar cos atletas asociados, que participan cos seus propios clubs, fai que as vitorias parciais estean moi repartidas. A suma total inclina a balanza, e as substitucións finais
foron non poucas veces a clave do triunfo, achegando espectáculo e emoción Atletas inscritos

noticias
Compartir