O atletismo galego disfrutará dun programa de televisión
Por primeira vez na historia, o atletismo
galego gozará dun programa de televisión dedicado única e exclusivamente a este deporte tan noble. A Federación Galega de Atletismo froito das xestións realizadas nos últimos anos, conseguiu a
cesión de 27 minutos para a retransmisión dun programa semanal producido pola propia federación. O mesmo terá por nome “Citius, Altius, Fortius” locución latina pronunciada polo
barón Pierre de Coubertin na inauguración dos primeiros Xogos da Idade Moderna, cuio significado é “Máis rápido, mais alto, mais forte”. O programa emitarase os sábados na canle TVG2 e VTelevisión.
Desexamos que esta nova iniciativa sexa do agrado de todolos membros do atletismo galego. En breve publicaremos a data da primeira emisión.