Saltar ao contido
Arquivo

A selección galega de campo a través desprázase este sábado ata Haro para participar no Campionato de España de campo a través

Este sábado partirá hacia Haro o autobús cos integrantes da selección
galega de campo a través. A localidade rioxana acollerá o XCIII Campionato de España de Campo a través. Neste importante evento participarán os mellores fondistas españois. Galicia
acude con importantes baixas de última hora en algúns dos seus equipos.A pesar destas ausencias, as seleccións estarán ben defendidas, especialmente o equipo senior masculino, que contará ca
participación de Lolo Penas, Hassan Lekhli, Gustavo Platas, Pedro Nimo, Jesús de la Fuente, Manuel Hurtado, Carlos Villamor, Juan A. Pousa e Rafael Fuentes, sen dúbida algunha un
equipo moi forte e competitivo. Nas féminas destacar o equipo senior que, maila baixa de Natalia Raña, contará con importantes atletas como Patricia Mendes ou Marta
Fernández
. Tamén Galicia espera facer un moi bo papel nas promesas femininas, ca presenza das internacionais Sandra Mosquera, Paula Mayobre e
Esther Navarrete, e no equipo junior salientar a ourensana Leticia Fernández. (Mais
información campionato)
(Seleccion galega)

seleccion
Compartir