Arquivo
A Federación Galega de Atletismo premiada ca distinción Premio Galicia de Xornalismo Deportivo na Modalidade de Internet
No día de hoxe recibiuse unha notificación nesta federación por parte da
Federación Galega de Prensa Deportiva sinalando que o xurado dos VI Premios Galicia de Xornalismo concedía o Premio Galicia de Xornalismo Deportivo na modalidade de Internet á
Federación Galega de Atletismo. O acto de entrega de galardóns terá lugar o vindeiro 21 de marzo no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. A Federación Galega de Atletismo desexa agradecer
publicamente todo o esforzo das persoas que traballan na actualización das noticias da páxina web así como compartir esta galardón con todolos estamentos atléticos.
noticias