Saltar ao contido
Arquivo

Boa participación dos atletas galegos na III xornada da Copa Deputación no módulo de Ourense

Atletas de diversos puntos de Galicia e tódalas categorías participaron o
domingo 26 na II xornada do Trofeo Deputación celebrado no módulo cuberto de Ourense, como unha primeira toma de contacto coa pista esta tempada ou buscando xa as marcas mínimas para os distintos
campeonatos.

Salientar a actuación de Virginia Villar(Pto de Alicante) en 60m, 7.99; Javier Fidalgo, 8.95 en 60mv e 7.53 en 60m; Lucía Pérez(CAFC), 11.68m en triple, mínima nacional promesa; Antía
Martínez(SGP), 9.58 en 60mv, mínima nacional xuvenil; en salto con pértega, Beatriz Viteri(OAAP), 3.40m e Paula Martín(SGP), 2.80m; Tamén en 60m valos, os atletas do ADAS Raquel Lameiro, 9.77, e
o xuvenil David Barreira, 9.19. Dos cadetes, destacar a Darío Costas (At. Morrazo), 8.37 en 60m. Resultados

Fotos: Flor Currás

noticias
Compartir