Arquivo
Un adestrador galego elexido para participar na Europa gets fit
Alberto Manuel Pérez, adestrador afiliado á Escola Galega
de Adestradores, foi elexido pola Real Federación Española de Atletismo para participar no encontro que terá lugar en Marsella (Francia) os vindeiros días 8 e 9 de novembro. A RFEA participa nesta
proxecto da Unión Europea denominado “Europa gets fit” (Europa en forma). O seu principal obxectivo é a promoción dun atletismo saudable a través dun seminario para a formación de
técnicos especializados en deporte e saúde. En total participarán na actividade 9 técnicos de España elexidos entre todalas solicitudes que se rexistraron. Dende a FGA desexamos transmitirlle os
nosos parabéns por esta participación neste importante evento.
noticias