Arquivo
O San Fernando Lucus desprázase a Burgos e Zaragoza para a disputa da Fase previa do Campionato de España Cadete
Este próximo sábado compiten 40 atletas dos dous equipos cadetes do club SF Lucus
Caixa Rural na fase previa do Campionato de España de clubs cadete masculino e feminino.
O equipo masculino, recente campión galego o pasado fin de semana en Narón, enfrontarase en Zaragoza cos clubs Simply Scorpio (Zaragoza), Sprint A. León, AA. Catalunya, Medilast Lleida e ISS
Hospitalet.
O equipo feminino, subcampión galego, desprázase a Burgos, onde se medirá cos equipos AD Maratón (Madrid), Sprint A. León, ISN Navarra, Tolosa C.F., Anta Adegas (Burgos) e Bidasoa.
noticias