Saltar ao contido
Arquivo

Hoxe publicouse o listado de atletas becados cun recoñecemento médico completo

Dentro das distintas accións contempladas no Plan
Galego de Tecnificación Atlética
2009/10 englóbanse os recoñecementos médicos completos. A FGA a través do convenio ca Unidade de Medicina Deportiva do prestixioso Hospital Santa
Teresa
, sito na Coruña, deu a coñecer na Circular 58-2010 o listado de atletas becados cun recoñecemento médico completo basado nunha revisión completa, espirometría,
electrocardiograma en repouso e exercicio, proba de esforzo, analítica sanguínea e antropometría. Todas estas probas son feitas co fin de descartar posibles patoloxías e coñecer o nivel de
rendemento do organismo do atleta. Asemade lémbrase que tódolos atletas federados poden optar aos prezos especiais que esta clínica contempla no convenio ca FGA. A FGA
recomenda a tódolos atletas federados que compiten a nivel autonómico a realización dunha proba de esforzo supervisada por doutores especialistas en medicina deportiva
. Mais info
(Click Aquí)

noticias
Compartir