Boa representación galega no Campionato Iberoamericano. Un total de 5 atletas galegos seleccionados
Do 4 ao 6 de xuño terá lugar en San Fernando (Cádiz) o Campionato
Iberoamericano a RFEA publicou o pasado mércores o listado de atletas e adestradores e equipo médico que irá ca selección española. Neste selecto listado figuran 5 atletas galegos,
Isaac Vicente Landín (martelo), Gustavo Dacal (Xavalina), Mercedes de Santalo (disco), Begoña Garrido (4×400) e Lorena
Luaces (Marcha). Asemade o presidente da Real Federación Española de Atletismo, D. José María Odriozola convidou ao noso presidente, D. Isidoro Hornillos Baz para dirixir
á expedición asumindo a importante labor de Xefe de equipo. Ademais tamén participarán ca selección o adestrador galego Mariano García-Verdugo (Director da EGA), e o fisioterapeuta
David Rocha. Noraboa a todos e desexamos os maiores éxitos para os nosos atletas! Selección Española Video presentación