Arquivo
Manuel Penas e Alessandra Aguilar seleccionados pola Real Federación Española de Atletismo para a Copa de Europa de 10.000
Boa noticia para o atletismo galego, o atleta arzuano
Lolo Penas e a lucense Alesandra Aguilar, foron seleccionados pola Real
Federación Española de Atletismo para formar parte da expedición que viaxará ata Marsella o vindeiro día 5 de xuño á disputa da XIV Copa de Europa de 10.000 m.l. A selección
masculina a completan os atletas Miguel Angel Gamonal e José Manuel Martínez, mentres que a feminina está formada pola galega Alessandra Aguilar, Sonia Bejarano, Jaqueline Martín e Estela
Navascues. Dende a FGA desexámoslle moita sorte para estos dous atletas galegos! Circular
RFEA
noticias