Saltar ao contido
Arquivo

Boa actuación dos atletas galegos nos Xogos do Cantábrico. Acadáronse 6 mellores marcas persoais

Nas pistas de Albericia (Santander) disputouse ao longo da
tarde do sábado os II Xogos do Cantábrico. O sol e o forte vento reinante non impediron que algúns dos nosos atletas mellorasen a súa marca persoal, tal foi o caso de Samuel Paz, Carlos Revuelta,
Jorge Castaño, Aaron Soto e Lidia Fernández. Galicia acodou a cuarta posición nesta competición de carácter amistoso entre as federacións cántabra, asturiana, vasca e galega. Salientar as
victorias dos galegos Samuel Paz e Alfonso Palomanes. Samuel Paz impúxose nos 400 metros valados mellorando o seu rexistro e parando o crono nun bo rexistro de
53´65´´, mentres que Alfonso Palomanes igualaba a súa mellor marca persoal cun salto de 7,35. No atletismo feminino os mellores postos acadados foron para as galegas Alba
Fernández
(2ª nos 400 m.v.) e Beatriz Viteri (2ª en pértiga). A xornada rematou cunha longa viaxe de retorno a Galicia, donde reinou a ledicia dos participantes por poder
disfrutar desta proba un ano máis. Noraboa a todos eles!Resultados

noticias
Compartir