Perto de 2000 mulleres invadirán as rúas de Compostela este domingo. Se eres muller anímate e participa!
A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte, a S.A de Xestión do Plan Xacobeo e a Secretaría Xeral da Igualdade promoven a primeira edición en Galicia da Carreira
da Muller, que se disputará en Santiago de Compostela o vindeiro 23 de maio. A proba transcorrerá en Compostela polos últimos 5 quilómetros do Camiño de Santiago, co que
comparte obxectivos: o fomento da solidariedade, o deporte e a saúde. Ademais do diñeiro recaudado unha porcentaxe irá para a loita contra o cáncer. A carreira busca implicar ás mulleres na
práctica do deporte e converter a convocatoria nunha xornada de festa para todos os públicos con actividades lúdicas complementarias. Un evento vinculado e comprometido dobremente coa saúde, posto
que un de cada cinco euros que as corredoras pagarán no momento da inscrición será doado á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para loitar contra o cancro de mama. Mais información en
www.carreradelamujer.com