Éxito dos martillistas galegos no Día Nacional do Martelo no Porto
Un nutrido grupo de lanzadores de Vigo e comarca déronse cita o pasado día 1
nas instalacións do INATEL no Porto para participar no Día Nacional do Martelo, como vén sendo habitual os últimos anos.
Esta modalidade de lanzamento conta con atletas de alto nivel, e é unha aposta segura de medalla nos campionatos nacionais en todas as categorías.
En canto a resultados, destacar os 63.33m de Ignacio Fernández, primeiro clasificado absoluto; Pablo Denís, con 60.38m gañou en junior 6kg. Sara Arousa, 2ª absoluta mulleres. En xuvenís, os
lanzadores do San Narciso de Marín, Santi Navarro, 54.68m e Luís González, 51.95m, ouro e prata en 5kg. Tamén destacada a actuación do cadete Sergio Paredes, 46.59m.
En veteranos destacar a mellor marca galega de Carlos Ferrer (m50) con martelo de 6kg, 45.89m, que supera a marca de José Manuel Almudí, que á súa vez bateu a M65, que xa posuía, lanzando o de 5kg
a 36.18m.
Na puntuación por equipos, triunfo do Celta de Vigo con 63 puntos, seguido pola Ass, Desportiva de Lovelhe, 52 e Sporting Clube Braga, 42