Campionato Galego Individual Cadete
O próximo día 9 de maio terá lugar, nas pistas de atletismo de Cabalagueiros
( O Barco de Valedoras), o Campionato Galego Cadete de Pista ao aire libre, homes e mulleres. Son cadetes os atletas nacidos nos anos 1995 e 1996. A esixencia para participar é acreditar as marcas
mínimas esixidas pola FGA. A competición terá lugar en xornadas de mañá (de 11,15 a 14,30 horas) e tarde (de 16,15 a 19,30 horas).
Atletas destacados
Son 356 os atletas inscritos nas 34 probas das que consta o campionato. Entre eles cabe destacar a participación de Patricia Carballo (COCO. 12¨63/ 100 ml) e Ana Peleteiro (Barbanza. 12,12
m/triplo), primeiras do ranking nacional (RN). Alba Martínez (OAAP.11,32 m/triplo), segunda do RN. O atleta Martín Liste (Silva) é terceiro en Xavelina/ 41,75 m e cuarto en disco/38,76m. É tamén
cuarta do RN a atleta Marta Lolo (COCO. Lonxitude/5,13 m).
* As atletas Patricia Carballo e Ana Peleteiro son, coas marcas antes citadas, primeira e segunda do RN da categoría xuvenil. Inscritos x probas – inscritos x Clubes