Saltar ao contido
Arquivo

A FGA asina un convenio de colaboración ca Fundación AVAN

Tralas xestións feitas ao longo destes últimos meses o presidente da Federación
Galega de Atletismo D. Isidoro Hornillos asinou hoxe un convenio de colaboración ca Fundación AVAN representada por Dª. Cruz María Barrientos y
Conde.
Con este convenio distintos estamentos do atletismo galego vanse a ver favorecidos, especialmente os organizadores de probas atléticas. O convenio cubre un vacío existente ata agora
e ofrece unha cobertura sanitaria ás competicións incluidas no calendario oficial da FGA. A Fundación AVAN ofrece aos organizadores un servicio de ambulancia asistencial de soporte vital
básico
con dous técnicos sanitarios a un coste moi económico. Todolos organizadores deberán poñerse en contacto ca FGA no caso de estar interesado en este servicio froito do convenio.
Web Fundación AVAN

noticias
Compartir