Arquivo
Os atletas medallistas nacionais serán recibidos mañá por D. José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte
Máis de 40 atletas galegos que acadaron unha medalla
nos distintos campionatos de España celebrados nestes meses nas diversas categorías e modalidades achegaranse mañá ás 17:30 horas á Secretaría Xeral para o Deporte sita no Estadio de San Lázaro en
Santiago de Compostela para asistir a unha recepción convocada pola Secretaría Xeral para o Deporte. D. José Ramón Lete presidirá o acto que tivo unha gran acollida entre os
atletas galegos.
noticias