Saltar ao contido
Arquivo

O Secretario Xeral para o Deporte convida aos atletas galegos medallistas nacionais nesta tempada a unha recepción en Santiago de Compostela

O Secretario Xeral para o Deporte D. José Ramón
Lete
recibirá aos atletas galegos medallistas nos campionatos de España que se disputaron nesta tempada. O acto terá lugar o vindeiro xoves na sede da Secretaría Xeral en
Santiago de Compostela ás 17:30 horas. A Federación Galega de Atletismo agradece á Secretaría Xeral para o Deporte esta iniciativa e deferencia co atletismo galego e convoca aos atletas
medallistas
nos seguintes campionatos de España: absoluto, cadete, junior, promesa e veterán pista cuberta. Así como o nacional absoluto de campo a través individual e por clubes, e clubes
veteráns, e o Campionato de España de marcha en ruta por seleccións, algúns destes se disputarán este fin de semana. Os atletas e clubes deben confirmar a súa presenza nesta recepción no correo
electrónico do Secretario Xeral da FGA.

noticias
Compartir