A Federación Galega de Atletismo asina un convenio co Concello de Cangas para unha maior utilización das pista de atletismo dos atletas galegos de alto nivel
O pasado venres 26 de febreiro celebrouse en Cangas, na sede da Casa Consistorial, unha xuntanza na que participaron a Concelleira de Deportes dese concello, Toñi Queimaño; o
Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o Delegado federativo de Vigo, Eleuterio García e Santi Pérez, Vicepresidente e
Director Técnico do Club Atletismo Ourense Academia Postal. No transcurso da mesma abordouse como asunto central a utilización das pistas de atletismo, propiedade do Concello de Cangas, en horario
matinal. Na actualidade, por mor das limitacións no número de quendas do persoal laboral municipal e da demanda atlética de usuarios, esta instalación permanece aberta só polas tardes, pero pechada
os días laborais polas mañás. Esta situación imposibilitaba que algún atleta, como o internacional José Afonso Palomanes, unha das máis firmes promesas do atletismo galego, puidese exercitarse
xunto ao seu adestrador persoal, Mario González, en xornadas matinais. Finalmente acadouse un acordo satisfactorio a través dun convenio entre o Concello de Cangas e a Federación Galega de
Atletismo que asegura a utilización das pistas de atletismo en horarios matinais a aqueles atletas galegos que posúan un contrastado nivel de rendemento deportivo. A Federación Galega de Atletismo
desexa destacar a positiva disposición da Concelleira de Deportes de Cangas, Toñi Queimaño, que respondeu favorablemente ás demanadas expresadas polo ente federativo, actitude que agradeceu o
Presidente Isidoro Hornillos.