Arquivo
A Gala do Atletismo Galego terá lugar este ano en Ourense
Unha tempada mais a Federación Galega de Atletismo
organizará a Gala Anual do Atletismo Galego co obxectivo de recoñecer os éxitos acadados polos clubes, atletas, adestradores e xuices galegos na pasada tempada 2008/09, asi como
recoñecer o apoio brindado por distintas institucións e empresas ao atletismo galego. A mesma terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Ourense o vindeiro venres día
29 de xaneiro. O inicio está previsto para ás 19:00 horas. Todolos membros da familia atlética están convidados a presenciar este importante acto. Haberá perto de
100 premiacións así como a elección dos mellores atletas galegos. En breve circularase mais información.
noticias